O FoPIA, protagonista do proxecto de investigación "CON_LecerTeo: explorando os nosos tempos de ocio" da USC

12-05-2021

Desde o inicio do curso escolar, o Foro de participación infantil e adolescente (FoPIA) do concello de Teo colabora co grupo SEPA da USC no proxecto de investigación CON-LecerTeo. O proxecto pretende investigar as iniciativas nas que participa a infancia e adolescencia escolarizada no seu tempo libre, valorando a súa consideración como ocio e o impacto que teñen no seu desenvolvemento integral.



A seguridade cidadá de Teo goza de boa saúde, segundo refrenda a Xunta Local de Seguridade

11-05-2021

A Xunta Local de Seguridade de Teo, celebrada esta mañá, refrendou que o Concello conta con datos moi positivos en relación coa criminalidade e a seguridade cidadá. A taxa de criminalidade está nun 17,55% o ano pasado(porcentaxe por cada 1000 habitantes). A media da provincia é do 28,7%, a de Galicia dun 27,3% e a de España 37,4%. Deste xeito, o de Teo, considérase un nivel pequeno e nada preocupante. Pola súa banda a taxa de esclarecemento de delitos é dun 53,41% no 2020.


Abre o prazo para anotarse nos Diverteos do verán

10-05-2021

O Departamento de Benestar abre o prazo de inscrición do programa de conciliación Diverteo para as edicións de verán. Trátase dun programa que se realiza nos períodos de vacacións escolares e para facilitar a fexibilidade as familias poden anotar ás crianzas só nos días de xuño despois do remate do cole e en xullo e agosto por quincenas. O Diverteo está dirixido a nenos/as escolarizados/as nos CEIPs e CRA entre os 3 e os 12 anos, con preferencia para as persoas empadroadas en Teo. Realízanse nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa, agás o de agosto que se centraliza na Ramallosa.


O Concello achega aos centros escolares o proxecto "As aventuras de Luli"

07-05-2021

A Concellaría de Educación, dirixida por Mayte Argibay, apoia o proxecto "As aventuras de Luli" dun grupo de alumnado de Ciencias da Educación da USC. A través desta iniciativa crearon unha mascota, a raposa Luli, que quere animar aos nenos e nenas de 0 a 6 anos, a que recuperen a actividade física que viron moi mermada por causa da pandemia. Este proxecto ademais conta coa participación e implicación de tres estudantes de Teo, Antía e Alexandra, de Cacheiras e Luján, de Calo que se achegaron esta mañá ao Concello para presentarnos o traballo e á mascota Luli. 


Teo volve a acoller o programa o programa da USC "Camiños de coñecemento"

30-04-2021

Teo volve a acoller o programa da Universidade de Santiago de Compostela, Camiños de Coñecemento e Experiencia , dirixido a persoas maiores de 50 anos que estean interesadas en ampliar a súa formación sobre temas como a historia moderna de Galicia, ou a herdanza segundo o dereito galego e Estatal, entre outros.



Os traballos do Plan Director de Compostela Rupestre avanzan a existencia de 150 sitios arqueolóxicos no territorio

27-04-2021

Por vez primeira o Consello Director e o Consello Asesor do proxecto Compostela Rupestre realizaron unha reunión co obxectivo de avanzar no proxecto de redacción do Plan Director do parque. A adxudicataria do proxecto, a empresa Trivium, avanza a existencia de 150 sitios arqueolóxicos no territorio, uns cincuenta aínda sen catalogar. 



O Concello cubre o servizo de conciliación con comedor nos Tilos ata final de curso

23-04-2021

O Concello, a través do Departamento de Benestar, pon en marcha un servizo de comedor temporal no colexio dos Tilos asociado ao programa de conciliación que xa viña funcionando, o Teo Coida Tilos. 

Deste xeito asúmese o compromiso coa comunidade escolar cando o Concello garantiu que se a Xunta prestaba o servizo de comedor dende o próximo curso o que resta do curso actual podería facelo o Concello.