O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo acollerá no mes de xullo un Campus de Verán coa Fundación Celta

| compartir:

Teo acollerá na semana do 22 ao 26 de xullo o Campus de Verán Fundación Celta 2024 by Cabreiroá, para a rapazada de entre 4 e 16 anos. Levarase a cabo nun dos campos de titularidade municipal. 

Así o confirmou esta mañá a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, que mantivo unha xuntanza con membros da Fundación do club vigués. Na reunión, a rexedora agradeceu que se apostara por Teo para levar a cabo esta formación, que achega grandes valores á rapazada e forma aos xogadores en técnica e coñecementos varios. 

Durante a semana do Campus, ademais de formación técnica e deportiva, tamén haberá opcións recreativas para todos os participantes. O obxectivo é formar aos máis pequenos desde unha perspectiva amena e divertida. Todos os interesados poden apuntarse xa na web do RC Celta (https://rccelta.es/mais-celta/campus/).

foto