Augas de Teo

augas teo

Augas de Teo

Travesía da Ramallosa nº 38

augasdeteo@teo.gal

619 615 125

Teo

Augas de Teo é o nome do servizo público municipal que, dende o 1 de outubro de 2015, xestiona o servizo de abastecemento de auga potable, depuración e saneamento das augas residuais do Concello de Teo.

Entre as instalación máis importantes que xestiona Augas de Teo dentro do ciclo integral da auga está a ETAP, que toma a auga do río Ulla en Pontevea, potabilízaa e distribúea por todo o concello, e tres EDARes, estacións depuradoras de augas residuais localizadas en Calo, Pontevea e  A Barcia, ademais dunhas vinte depuradoras compactas situadas en pequenos núcleos rurais.

 

Augas de Teo conta cunha oficina municipal de atención ao cliente situada na Casa do Concello (Trav. da Ramallosa 38 – Lucí, 15883 TEO, que atende de luns a venres de 8:00 a 15:00h, agás do 15 de xuño ao 15 de setembro e nas vacacións do Nadal que o fai de 8:00 a 14:00h.

Tamén se poden realizar consultas telefónicas nese horario no 981 803 981.

Outras formas de comunicación son o enderezo electrónico: augasdeteo@teo.gal e o Facebook: Augas deTeo (@AugasdeTeo).

 

AVARÍAS: Atención 24 h ao día no 619 615 125

Podes consultar a ordenanza de taxas por abastecemento e saneamento premendo aquí

 

Máis servizos do Concello de Teo