O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Oficina de Información ao Consumidor

A Oficina de Información ao Consumidor de Teo é un servizo público e de balde para atender, asesorar e informar os/as consumidores/as e usuarios/as dos seus dereitos en materia de consumo.

Segundo o artigo 51 da Constitución española os poderes públicos deben garantir a defensa dos/das consumidores/as e usuarios/as e protexer mediante procedementos eficaces a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos destes/as.

En virtude deste dereito o Parlamento Galego aprobou o Estatuto Galego do Consumidor e do Usuario.

Quen é consumidora ou consumidor?
É consumidor/a ou usuario/a, a persoa física ou xurídica que adquire algunha cousa para o seu consumo ou que utiliza ou goza dalgún tipo de servizo.

Que dereitos teñen os/as consumidores/as e usuarios/as?
No Estatuto Galego do Consumidor e Usuario, así coma na Lei Xeral para a defensa dos/das consumidores/as recoñécense os seguintes dereitos:

  • A protección da sua saúde e seguridade.
  • A protección dos seus dereitos económicos.
  • A información e a educación en materia de consumo.
  • O dereito de representación, consulta e participación.
  • A protección xurídica, administrativa e técnica e a reparación por danos e perxuízos.
  • Como pode vostede exercer estes dereitos?
    Os dereitos que vostede ten como consumidor/a e usuario/a pode facelos valer ante unha asociación de consumidores/as, ante o Instituto Galego de Consumo ou ante a Oficina Municipal de Información ao Consumidor do seu concello.

    Que é unha OMIC?
    É un servizo máis, que o concello pon á súa disposición para tentar resolver os problemas que poida ter como usuario/a e consumidor/a.

    Que fai unha OMIC?
    • Informa sobre todas as cuestións referentes ao consumo de bens e ao uso de servizos públicos ou privados. Realiza tarefas de información, formación e educación en materia de consumo, axudando e orientado aos consumidores/as e usuarios/as para o axeitado e efectivo exercicio dos seus dereitos. Nesta función quedaría recollida a organización de charlas, campañas, publicación de folletos, obradoiros escolares, etc.
    • Asesora ao/á consumidor/a sobre a calidade, comercialización de produtos, prestación de servizos e outros problemas do mercado que poden afectarlle.
    • Atende as consultas, queixas e as reclamacións realizadas polos/as consumidores/as e usuarios/as. A través da mediación, a OMIC fai de intermediaria entre a empresa e o/a usuario/a para tentar que cheguen a un acordo amigable, evitando así a reclamación e lográndose unha solicitude práctica, rápida e efectiva para ambas as partes.
    • Axuda aos/ás consumidores/as mediante a difusión de folletos informativos, revistas, libros ou promovendo cursos, coloquios e outras actividades especialmente dirixidas á formación do/da consumidor/a.
    • Recolle as suxestións dos/das consumidores/as.
    • Arbitraxe de consumo: A oficina tamén tramita solicitudes de arbitraxe, mecanismo de resolución de conflitos entre consumidores e empresarios, coas seguintes características:
      • Rapidez e simplicidade.
      • Gratuíto para todas e todos.
      • Voluntario.

Equilibrio entre as partes e vinculante.

OMIC TEO

Contacto

omic@teo.gal

Ubicación

Avenida Ramallosa S/N
Lucí