O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Concello

Estimados veciños e veciñas:

Recibide un cordial saúdo en nome do Concello de Teo e da súa corporación municipal.

Como alcaldesa quero tamén tendervos a man dende este portal web, para que nos fagades chegar calquera suxestión, inquedanza ou consulta que estimedes oportuna. Somos un concello renovado e adaptado aos novos tempos, polo que agardamos tamén que a participación cidadá sexa unha parte fundamental deste espazo online.

Lucía Calvo de la Uz - Alcadesa de Teo

Trataremos de que esteades informados sobre todas as cuestións e novas relativas ao noso municipio, a prestación de servizos, actividades e outro tipo de información de interese para os noso veciños e veciñas.

E, como non pode ser doutro xeito, dende aquí poderedes tamén visitar dunha forma virtual o noso Concello, coñecer a súa historia e cultura local, así como datos sobre os lugares de interese e a súa oferta gastronómica.

Agardo que esta nova etapa estea marcada pola confianza e a proximidade. Somos o voso Concello e estamos para todo o que necesitedes. Por iso, a nosa prioridade é a de manter os servizos sociais, dinamizar os ámbitos económico, cultural, social e deportivo e acondicionar as nosas infraestruturas para que vós, veciños e veciñas, teñades unha boa calidade de vida en Teo e poidades desfrutar do voso e no voso municipio.

 

Un agarimoso saúdo,

Lucía Calvo de la Uz.

 

Saúdo da alcaldesa.