Escolas infantís municipais

Escolas infantís municipais

Escolas infantís municipais

Centro Sociocultural da Ramallosa, Rúa da Lagoa, número 2. 15883. Lucí. Teo

servizossociais@teo.gal

981809707

Lucí

As Escolas Infantís Municipais de Calo, A Ramallosa e Os Tilos son o recurso principal para que as familias poidan conciliar a vida laboral e familiar. Atenden a nenos e nenas dende os 0 aos 3 anos.

Este servizo é de xestión directa polo Concello dende setembro do 2018.

A localización dos centros é a seguinte:

Escola Infantil Municipal dos Tilos

Escola Infantil Municipal de Calo


Escola Infantil Municipal da Ramallosa 

As escolas infantís municipais de Teo están abertas entre as 7.30 h e as 20.30 h de luns a venres todos os días lectivos do ano.

O proceso de admisión nas EIMs comeza en marzo: do 1 ao 15 de marzo preséntanse as solicitudes de reserva de praza e do 16 ao 31 as novas solicitudes de ingreso.

A mediados do mes de marzo faise unha reunión con todas as persoas interesadas en solicitar as prazas para explicar o contido e datas do procedemento de admisión.

As listaxes de solicitudes admitidas publícanse en maio e a matrícula é do 1 ao 15 de xuño.

Normativa municipal:

 

 

 

 

 

Máis servizos do Concello de Teo