O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

ESCOLAS CULTURAIS 26/27

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Volven as actividades culturais e deportivas a Teo! O prazo de inscrición comezará o venres, 28 de agosto, e estenderase ata o vindeiro 8 de setembro no Rexistro Xeral do concello ou na sede electrónica en teo.gal. Ao igual que en anos anteriores, terán preferencia as persoas empadroadas no concello.

Poderanse consultar as listaxes provisionais a partir do 11 de setembro en www.teo.gal ou nos departamentos de Cultura, así como nas redes sociais do concello. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 11). 

Pagamento

Cada actividade está programada en tres cursos:

1º curso – de outubro a decembro (20 euros)

2º curso – de xaneiro a marzo (20 euros)

3º curso – de abril a maio (20 euros)

Para manter a praza todo o curso hai que facer o pagamento completo (60 euros). Se por algún motivo a persoa participante ten que deixar de asistir, poderase solicitar a devolución do segundo e terceiro curso, sempre e cando se faga a solicitude de devolución antes do comezo das clases (segundo curso: 1 de xaneiro, terceiro curso: 1 de abril). En calquera caso, é obrigatorio ter feito o pagamento para poder iniciar o curso.

No caso de non facer o pagamento do curso completo deberá facerse unha nova inscrición (non se garda a praza) e o pagamento de cada curso (20 euros) nas seguintes datas:

1º curso (ou curso completo): do 11 ao 23 de setembro.

2º curso: primeira quincena de decembro.

3º curso: primeira quincena de marzo.

Na ficha de inscrición -que se subirá á web o venres 28 de agosto- xa se marca a opción elixida (curso completo ou fraccionado). Para facer o dito pago recibirase por correo electrónico (o que se facilita na propia ficha de inscrición) o documento e as instrucións de pagamento. 

Poden consultar as exencións e bonificacións no BOP núm.195 do 13/10/2011 e no BOP núm.12 do 20/01/2020; así como nos departamentos correspondentes. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.

Duración do curso

Coma todos os anos, haberá actividades para persoas adultas e para a rapazada. O curso das actividades culturais comezará o 1 de outubro e rematará o 31 de maio de 2027.

Non haberá actividades durante as vacacións escolares, tal e como se vén facendo nos últimos anos. 


 

Arquivos
Attachment Size
ESCOLAS CULTURAIS.pdf 470.19 KB
FICHA DE INSCRICIÓN.pdf 250.13 KB