O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

En licitación o contrato para o servizo de roza de vías, pistas e camiños de titularidade municipal de Teo

| compartir:

O Concello licita o contrato que abarca o servizo de roza de vías, pistas e camiños de titularidade municipal no ano 2024 de Teo. Así, ante a falta de recursos materais e persoais propios do Concello, cómpre sacar o dito contrato para cumprir o deber competencial de manter os camiños e cunetas nas condicións idóneas. 

Os traballos aos que se refire este servizo consisten na realización de desbroces mecánicos e manuais da vexetación que invade as vías municipais nas parroquias de Calo e Lampai, así como as de determinados espazos de uso público nos que resulta posible empregar maquinaria para a súa limpeza. 

Este contrato terá unha duración de oito semanas, sendo o orzamento base de licitación, con IVE incluído, de 37.372,51 euros.

O prazo de presentación de propostas é de 15 días naturais contados desde hoxe, día seguinte á publicación no perfil na Plataforma de Contratación do Sector Público. 

foto