O Concello convoca xuntanzas en Calo e Cacheiras para informar do convenio de limpeza nas franxas de protección
12-07-2019O Concello convoca xuntanzas informativas nas parroquias de Calo e Cacheiras para informar aos propietarios/as de fincas nas franxas de protección da posibilidade que teñen de asinar convenios de limpeza con Seaga, dun xeito previo a apertura de expedientes sancionadores e execución subsidiaria da limpeza das fincas.