O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello organiza este sábado un evento cultural sobre os camiños de Santiago coa participación de Vázquez Portomeñe

| compartir:

O Concello celebrará este sábado, 13 de abril, o evento cultural “Historia e historias compartidas dos camiños de Santiago ao seu paso por Teo” que estará presidido pola alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e contará coa participación do impulsor do Xacobeo, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

O acto, que terá lugar ás 17.30 horas na capela de Francos (Calo), pretende poñer en valor os camiños que pasan por Teo e convidar os asistentes a reflexionar sobre cal é o poder transformador que ten o Camiño e a súa espiritualidade. Neste senso, cabe sinalar que o municipio de Teo é un Concello Xacobeo, polo que discorren diversas variantes do camiño a Santiago, destacando o Camiño da Costa, camiño interior, Traslatio ou Mar de Arousa e Río Ulla, a Ruta do Padre Sarmiento e tamén a Pedronía.

No faladoiro, o cal está enmarcado na campaña turística REDEscubre Teo 2024, participarán tamén Xosé Santos Solla, catedrático de Xeografía na Facultade de Xeografía e Historia da USC; Ana Isabel Filgueiras Rei, arqueóloga e antropóloga sobre Patrimonio Inmaterial; membros da Asociación Codeseda Viva, que nos ilustrarán sobre o Camiño da Geira e dos Arrieiros; e o franciscano Frei Paco Miramontes, que na actualidade acolle os peregrinos na porta de entrada a Galicia do Camiño Francés no Cebreiro. 

Tamén haberá espazo para os membros da comunidade local, que abordarán o patrimonio que hai nesta última etapa antes de chegar a Santiago, achegando tamén as súas experiencias como peregrinos. Para pechar este encontro, o cantautor Manoele De Felisa interpretará “cantando os camiños a Santiago”, do libro Cancioneiro do Camiño, editado para o Xacobeo 2021.


 

cartel