Comeza a VI edición do certame “Enreguéifate”
07-10-2022Este mediodía presentouse no Milladoiro a sexta edición do certame Enreguéifate, un proxecto conxunto impulsado polos Concellos de Teo, Ames, Carballo, Pontevedra e Santiago de Compostela, que busca difundir a improvisación oral en verso e contribuír á promoción do uso da lingua galega. A participación é aberta e de balde e concrétase co envío dun vídeo no que, cando menos, dúas persoas aparezan regueifando en lingua galega. Establécense dúas categorías: xeral e escolar.