
Servizo de Educación e Apoio Familiar
Rúa da Lagoa, nº 2. Lucí. 15883. Teo.
educacionfamiliar@teo.gal
981809707
Lucí
O Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF), integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.
Os seus obxectivos prioritarios son:
-
Promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas, fomentando a educación en igualdade e a corresponsabilidade.
-
Pór á disposición das familias participantes atención psicolóxica, así como alternativas, recursos e itinerarios socioeducativos en relación coas posibilidades do contorno.
-
Favorecer a integración, promoción e participación das familias ou unidades de convivencia en todos os ámbitos da vida comunitaria.
-
Previr e atender as situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familias ou unidades de convivencia, ou a algún dos seus membros, con especial atención aos menores de idade.
-
Realizar o seguimento e a intervención nas familias en que se realizase derivación aos servizos sociais especializados de menores, de cara á súa reintegración social e familiar.
-
Promover espazos de encontro de nais e pais enfocados á formación compartida e mellora da educación familiar.
Dende o SEAF coordínanse as actuacións que o Concello de Teo desenvolve para manter a súa credencial de Cidade Amiga da Infancia https://ciudadesamigas.org/
Ademais da colaboración estable da Deputación da Coruña no financiamento para os gastos de persoal, na actualidade, este servizo conta con un reforzo de persoal grazas á axuda concedida ao abeiro da Orde do 6 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, susceptible de ser financiada con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
Servizo de Educación e Apoio Familiar. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. “O FSE inviste no teu futuro”
O SEAF conta con financiamento procedente do Fondo Social Europeo na procura do cumprimento do obxectivo relativo a promover a igualdade, a saúde e a inclusión social.