O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Recepción no Concello dos karatecas do Club San Francisco premiados no Campionato de España

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta mañá aos karatecas do Club San Francisco dos Tilos -Xavier Santos Veiga e Ruth Lorenzo Couso- para felicitalos polos premios alcanzados no Campionato de España de Kárate, na modalidade de kumite.

Cómpre lembrar que Xavier Santos proclamouse campeón nacional, na categoría de -67 kilos, logrando o primeiro ouro da historia para o kárate galego na categoría absoluta. A súa compañeira, Ruth Lorenzo, que participou na categoría de -55 kilos, logrou a medalla de prata.

Neste senso, a alcaldesa puxo en valor este triunfo que pon ao Concello de Teo no mapa do deporte nacional e felicitounos polo gran traballo que realizan, grazas ao cal son máis que merecedores dos triunfos acadados ata o de agora. 

A rexedora municipal tamén aproveitou a ocasión para felicitar ao seu entrenador, Óscar Lafuente, pola súa dedicación e entrega co alumnado do club, o cal xa leva máis de vinte anos en activo.

foto