O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Presentación do torneo alevín da SR Calo

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta mañá á comisión de deportes da Sociedade Recreativa Calo para coñecer de primeira man o torneo alevín de fútbol 8 que celebrará este club teense no mes de xuño e onde participarán equipos de toda Galicia.

Así, a fase de grupos será o vindeiro 1 de maio, no campo de Rebordelo, onde xa están confirmados clubs como a SD Compostela, o Pabellón Promesas de Ourense, as escolas de fútbols Luis Calvo Sanz de Carballo, o Victoria, o Rápido de Bouzas, o Arousa SC ou o Coruxo, entre moitos outros máis. A fase final está prevista para o sábado 8 de xuño. 

A rexedora municipal felicitou á comitiva polo seu traballo e esforzo e, sobre todo, polos valores que inculcan no fútbol base. Uns valores, dixo, que deben ser representativos de calquera club. 


 

foto