O Concello vende 20 parcelas edificables

09-09-2022

O Concello venderá nas vindeiras semanas 20 parcelas, todas edificables. Están situadas a maioría en Cacheiras, na zona de Augas Mansas, aínda que tamén hai dúas na zona dos Verxeis, unha na Torre e outra en Cornide. A venda farase mediante poxa e a licitación farase pública a finais de setembro. 

A previsión é que o anuncio desta licitación, que abrirá o prazo para que as persoas interesadas poidan poxar por algunha das propiedades, saia nos últimos días de setembro.



Volve o concurso cabalar a Teo!

06-09-2022

Teo recupera o concurso cabalar e celebrará este evento este próximo domingo 11 de setembro en Ribas, Oza. Será unha xornada de reivindicación do mundo do cabalo que organiza o Concello en colaboración coa asociación Amigos do cabalo de Teo co apoio de firmas comercias.

O cabalo é un elemento central en eventos culturais coma os xenerais da Ulla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e na feira cabalar do San Martiño para a que o Concello tamén reclama esta declaración.




O Concello e Provivenda poñen en marcha o programa Fogares

09-08-2022

O Concello de Teo asinou, no primeiro trimestre do ano 2022, un convenio coa entidade Provivienda que lle permitiu por en marcha o programa Fogares no noso municipio. Trátase dunha iniciativa que permitirá habilitar seis vivendas que faciliten a inclusión social de persoas vulnerables ou en exclusión residencial. Desta forma búscase contribuír a mellorar a calidade de vida destas persoas a través do acceso a vivendas integradas na comunidade facilitando os apoios profesionais e pers


Melloras na sede do CRA

09-08-2022

A concelleira de Educación, María López, visitou estes días algunhas das obras de mellora que se estiveron realizando nos centros escolares. A sede do CRA, en Solláns, é unha das instalacións nas que se fixeron varios traballos xa que algúns elementos atopábanse moi deteriorados. 



O Concello pídelle á Xunta que incremente as prazas de comedor nos Tilos

29-07-2022

O Concello solicita á Consellería de Educación que incremente as prazas de comedor no CEIP Os Tilos. Nos últimos días a concelleira de Educación, María López, tivo constancia de que este ano a listaxe de agarda no servizo de comedor neste centro volve a ser de 40 familias. "Trátase dunha situación inasumible para as familias e a institución responsable deste servizo ten que dar unha resposta rápida e real xa que se trata dun problema que non é ningunha novidade" destaca López.