O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Exposición do censo electoral do 5 ao 12 de xuño

| compartir:

Con motivo da convocatoria de eleccións ás Cortes Xerais que se celebrarán o 23 de xullo de 2023 infórmase de que o censo electoral está exposto do luns 5 ao luns 12 de xuño (ambos inclusive) para realizar consultas ou reclamacións. 

Nese prazo, os interesados poderán achegarse ao Concello a comprobar os seus datos e proceder a facer as reclamacións que foran necesarias. Esta consulta tamén poderá facerse a través do teléfono 900.343.232 ou de xeito telemático premendo aquí 

A consulta do censo é de especial interese para as persoas que veñen de cumprir os 18 anos e poden votar por primeira vez ou cambiaron de enderezo recentemente. 

As persoas que cumprindo os requisitos non aparezan no censo ou aparezan con datos erróneos poden facer unha reclamación dende o 5 ao 12 de xuño. A Oficina do Censo Electoral é a encargada de resolver as reclamacións. 

As rectificacións ao censo publícanse tres días despois de rematar o prazo de exposición. 

urna