O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Hoxe abre ao público a piscina de Luou

| compartir:

Hoxe pola tarde entra en funcionamento a piscina descuberta de Luou.

O horario será:

De luns a venres de 16:00 a 21:00 e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

Ademáis da piscina de Luou, tamén está aberta a piscina descuberta dos Tilos, o seu horario, de luns a domingo de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

As persoas que queiran xestionar o carné para ir ás piscinas deben facelo nas oficinas administrativas da piscina municipal cuberta da Ramallosa coa seguinte documentación: datos identificativos da persoa, certificado de empadroamento e os datos da situación familiar ou dos Servizos Sociais en caso de que fosen precisos. Aquelas persoas que xa teñan abono da piscina municipal cuberta de Teo en calquera das modalidades non precisa realizar ningún trámite nin tampouco teñen que realizar ningún pagamento.

piscinas