O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Celébrase o pleno ordinario do mes de abril

| compartir:

O mércores 26 de abril celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión tomará posesión como concelleira do BNG Dª. Sofía Rama Lorenzo. 

Orde do día: 

  1. Aprobación das actas das sesións ordinarias do 28.12.22 e 25.01.23 e extraordinaria do 09.02.23.
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 384/23 á Res 499/23).
  3. Toma de posesión de D.ª Sofía Rama Lorenzo como concelleira da corporación municipal.
  4. Mocións. 
  5. Rogos e preguntas.
pleno