23-05-2023

O mércores 23 de maio celébrase o pleno ordinario deste mes. O horario será ás 09:00 horas no salón de plenos. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Orde do día:
- Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 500/23 á Res 620/23, do 21/04/2023 ó 18/05/2023).
- Dación de conta de reparos 2022.
- Dación de conta da liquidación do 2022.
- Dación de conta do informe de morosidade e PMP 1º trimestre 2023.
- Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do Plan local de infancia e adolescencia (2023-2027) PLIA.
- Ditame da proposta da alcaldía sobre modificación do plan de medidas antifraude do Concello de Teo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para a xestión dos fondos europeos.
- Ditame da proposta da alcaldía de modificación de crédito 11/2023. Suplemento de crédito 02/2023 financiado co RLTGX.
- Ditame da proposta da alcaldía de desafectación de camiño público no lugar da Igrexa-Calo.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.