O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Convócase o pleno ordinario do mes de maio

| compartir:

O mércores 23 de maio celébrase o pleno ordinario deste mes. O horario será ás 09:00 horas no salón de plenos.  Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Orde do día: 

  1. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 500/23 á Res 620/23, do 21/04/2023 ó 18/05/2023). 
  2. Dación de conta de reparos 2022. 
  3. Dación de conta da liquidación do 2022. 
  4. Dación de conta do informe de morosidade e PMP 1º trimestre 2023. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do Plan local de infancia e adolescencia (2023-2027) PLIA. 
  6. Ditame da proposta da alcaldía sobre modificación do plan de medidas antifraude do Concello de Teo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para a xestión dos fondos europeos. 
  7. Ditame da proposta da alcaldía de modificación de crédito 11/2023. Suplemento de crédito 02/2023 financiado co RLTGX. 
  8. Ditame da proposta da alcaldía de desafectación de camiño público no lugar da Igrexa-Calo. 
  9. Mocións.
  10. Rogos e preguntas. 
Casa Concello