O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Instalacións Deportivas

USO DOS PAVILLÓNS DEPORTIVOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TEO

O Departamento de Deportes do Concello de Teo persegue, mediante a xestión dos pavillóns deportivos municipais, un uso racional e ordenado dos mesmos garantindo á cidadanía o seu uso en condicións de igualdade.

Así mesmo, este Departamento persegue coordinar as actividades deportivas que se realizan nas súas instalacións, tanto sexan promovidas pola institución municipal, polas entidades deportivas ou por particulares.

Para levar a cabo a xestión dos pavillóns o Concello dispón dun regulamento de uso das instalacións. Para realizar unha solicitude debe entregarse no Rexistro de Entrada do Concello. Unha vez aprobada esta e autorizado o uso da instalación deberase  pagar a taxa correspondente segundo a ordenanza vixente, mediante este formulario de pago e entregar copia do mesmo no Departamento de Deportes do Concello ou envialo por email a deportes@teo.gal.

O Concello de Teo conta coas seguintes instalacións deportivas:

  • CAMPOS DE FÚTBOL: (Teléfono de contacto: 881 977 407)
  1. Campo de fútbol municipal de A Cañoteira – Cacheiras (Herba artificial)
  2. Campo de fútbol municipal e anexo Juan Amado – Reis (Herba artificial e terra)
  3. Campo de fútbol municipal de Rebordelo – Calo (Herba artificial)
  4. Campo de fútbol municipal A Devesiña – Recesende (Terra)
  5. Campo de fútbol municipal de As Medas – Rarís (Terra)
  6. Campo de fútbol municipal de San Domingo – Calo (Terra)
  • PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS: (Teléfonos de contacto: 881 974 802)
  1. Pavillón polideportivo de Calo – Calo
  2. Pavillón polideportivo Ezequiel Mosquera – A Ramallosa Lucí
  3. Pavillón polideportivo municipal de Os Tilos – Os Tilos
  • PISCINAS: (Teléfono de contacto: 981 803 922)
  1. Instalacións da Piscina municipal cuberta A Ramallosa (ximnasio, piscina, salas de usos múltiples, servizo de fisioterapia….) – Lucí
  2. Piscina descuberta de Luou – Luou
  3. Piscina descuberta de Os Tilos – Os Tilos
     
pavillóns municipais

Contacto

deportes@teo.gal
981815700

Ubicación

A Ramallosa 11
Lucí