O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

XeoPortal Concello de Teo

Benvidos ao Xeoportal do Concello de Teo.

O Departamento de Urbanismo presenta o Xeoportal do Concello de Teo, unha potente ferramenta en liña na que poderás atopar a información urbanística sobre o noso territorio.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) a golpe de clic é, sen dúbida, un dos apartados desta nova web que máis interese pode espertar. Poderás buscar a información do Plan de maneira directa sobre o mapa, ou mediante a procura da referencia catastral, o lugar, ou o enderezo postal. Deste xeito poderás coñecer as características dunha parcela ao momento, a que tipo de solo pertence, se podes construír nela, se ten algún tipo de afección urbanística....

O Xeoportal tamén ten outros apartados de moito interese como o patrimonio cultural ou as imaxes do voo americano do 1956.

Para facilitar o acceso a esta nova ferramenta preparamos un espazo na que se explica con vídeos o uso dos distintos apartados do Xeoportal. 

 TitorialXeoportal