Atención temperá

atención temperá

Atención temperá

Rúa do Ameneiro, 8, 15894 Teo, A Coruña

atenciontempera@teo.gal

604007521

Os Tilos

O Concello de Teo pon en funcionamento no ano 2018 o servizo de atención temperá. Trátase dun servizo dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

O equipo profesional do servizo de atención temperá, está conformado por unha psicóloga, unha logopeda e unha terapeuta ocupacional, presta atención ao público nos Tilos. 

Horario: luns e venres en horario de mañá e tarde (9:00-14:00 e de 15:00 a 20:00) nos Tilos.

Servizo de Atención Temperá. Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. O FSE inviste no teu futuro”

O Servizo de atención temperá do concello de Teo conta con financiamento europeo. 

As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. 

O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

Este servizo conta co financiamento do Fondo Social Europeo. 

xunta       ue       xacobeo      galicia