Servizos Sociais Municipais

sala espera servizos sociais

Servizos Sociais Municipais

Rúa da Lagoa 2, Lucí. 15883 Teo

servizossociais@teo.gal

981809707

Lucí

Os Servizos Sociais do Concello de Teo están conformados polo conxunto de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades e o acceso á calidade de vida e á participación social do conxunto da poboación do municipio.

A súa actividade aínda que desenvolvida pola administración municipal enmárcase nun sistema máis amplo de atención, o Sistema Galego de Servizos Sociais, por este motivo cando nos achegamos a este departamento do Concello poderemos atoparnos con respostas ás nosas demandas que se resolven totalmente no ámbito local e outras que precisaran da coordinación e/ou intervención directa doutras administracións, principalmente a da Xunta de Galicia.

Entre os ámbitos máis habituais de actuación dos servizos sociais municipais están: a protección de  colectivos vulnerables como son os/as menores, os/as maiores ou persoas con diversidade funcional, o acceso a recursos de atención á dependencia, a educación e orientación familiar, a busca de alternativas ante carencias económicas graves ou a promoción da inclusión social de colectivos específicos. Esta intervención concrétase en prestacións tanto técnicas, é dicir información, orientación e intervención social por parte das profesionais que conforman equipo de traballo, como axudas de carácter económico ou material ou acceso a bonificacións e servizos específicos.

- Algúns dos programas máis destacados dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais:

Servizo de Axuda no Fogar: o coñecido polo acrónimo SAF é un dos programas básicos dos Servizos Sociais Comunitarios que xestiona o Concello. Trátase dun servizo de proximidade, é dicir que procura a atención no contorno habitual da persoa, e que trata de apoiar e suplir en certa medida a falta de autonomía dunha persoa e/ou reforza a atención que a familia lle vén prestando dunha forma máis extensa.

Programa de envellecemento activo: o Concello conta cun amplo programa de actividades dirixidas á poboación maior que procuran manter a súas capacidades e fortalecer unha rede de apoio informal a través de actividades lúdico-saudables. Nesta programación inclúese dende ximnasia de mantemento ou estimulación cognitiva a excursións.

Programa municipal de inclusión social:  baixo esta denominación englóbanse todas aquelas accións que especificamente desenvolven os Servizos Sociais do Concello para favorecer a cobertura de necesidades básicas ante situacións socioeconómicas carenciais: repartos en especie de produtos básicos con periodicidades diversas, axudas de emerxencia social, roupeiro municipal ou actividades formativas favorecedoras da incorporación social e laboral.

Servizo de educación e apoio familiar:  Servizo de orientación e acompañamento ás familias para promover competencias e habilidades que favorezan a resolución autónoma dos conflitos cotiáns vencellados ao exercicio dos roles familiares e sociais.

Servizo de atención temperá: no 2018 púxose en funcionamento este servizo no municipio. Trátase dun servizo dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo darlles resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

- Equipo profesional

O equipo dos servizos sociais compóñeno, dúas auxiliares administrativas, unha educadora social e catro traballadoras sociais. Organizándose o traballo conforme aos seguintes criterios.

  •  A coordinación do departamento: é exercida por unha das traballadoras sociais.
  •  Dúas traballadoras sociais actúan como profesionais de referencia para unha área territorial. A primeira das unidades de atención aglutina as parroquias de: Bamonde, Cacheiras, Lucí, Os Tilos, Oza, Teo, Vilariño. A segunda unidade atende a poboación das parroquias de: Calo, Lampai, Luou, Rarís, Recesende e Reis
  • Os programas que precisan de certa especificidade na atención son asumidos pola cuarta traballadora social e pola educadora social.

- Horario de atención ao público e cita previa

Os Servizos Sociais municipais funcionan todos os días laborables, non obstante, para organizar o traballo do departamento, están fixados tres días para a atención ao público das traballadoras sociais: os martes ou mércores e os venres entre as 10:00 e as 14:00 horas. A dita atención préstase con cita previa, que se pode solicitar en persoa nos Servizos Sociais, no teléfono 981 809 707 ou a través do correo electrónico servizossociais@teo.gal.

- Normativa:

O marco normativo da intervención dos servizos sociais é moi amplo, polo que a continuación non se efectúa nunha referencia exhaustiva do marco legal que atinxe ás actuacións dos servizos sociais municipais, senón que se  enuncian aquelas normas con maior incidencia e relevancia no día a día da actuación deste departamento municipal:

Do ámbito local

  • Servizo de Axuda no Fogar:  Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Teo (BOP nº. 166, do 2 de setembro de 2013) e Ordenanza fiscal reguladora da taxa por Servizo de Axuda no Fogar (BOP nº. 164, do 29 de agosto de 2014).

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/09/02/2013_0000010663.pdf

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/08/29/2014_0000009097.pdf

  • Axudas municipais de Emerxencia Social: Ordenanza reguladora da prestacións municipais de emerxencia social (BOP nº. 112, do 14 de xuño de 2018).

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/06/14/2018_0000004291.pdf

  • Tarxeta de accesibilidade: Ordenanza reguladora das tarxetas de accesibilidade do Concello de Teo (BOP nº. 236, do 15 de decembro de 2016).

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/12/15/2016_0000010281.pdf

 

Do ámbito autonómico

  • Lei 13/2008, do 3 de decembro de servizos sociais de Galicia (DOG nº. 245, do 18 de decembro de 2008).

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2008/20081218/Anuncio5192E_gl.pdf

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20120330/AnuncioCA05-270312-14010_gl.pdf

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20131231/AnuncioC3B0-261213-0001_gl.pdf

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20100219/Anuncio579E_gl.pdf

 

-  Poden resultar de interese as web dos departamentos con competencia en materia de servizos sociais dos gobernos autonómico e estatal:

http://politicasocial.xunta.gal

https://www.msssi.gob.es/ssi/portada/home.htm

 

Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Teo
Rúa da Lagoa 2, Lucí
15883 Teo
Tfno.: 981 809 707

Fax.: 981 815 720
servizossociais@teo.gal  


 

Máis servizos do Concello de Teo