CIM

CIM

CIM

Centro de Servizos Sociais, 2º andar, A Ramallosa , Lucí - Teo

cim@teo.gal

981 809 707

Lucí

Arquivos

O CIM é un servizo gratuíto, individualizado e confidencial, de ámbito municipal, para as mulleres do Concello de Teo. Na oficina traballan unha psicóloga e unha avogada e entre as funcións do CIM destacan: as charlas sobre igualdade, as campañas e as xornadas informativas, a creación e o apoio ás asociacións de mulleres, os fondos bibliográficos, a información e a xestión sobre recursos sociais existentes e específicos para as mulleres, etc.

Especificamente, a atención psicolóxica céntrase na orientación e no apoio psicolóxico ás mulleres, na axuda para a resolución de conflitos e na toma de decisións, na oferta de mecanismos que axuden ás mulleres a desenvolver, afianzar e fortalecer as inquietudes persoais; e na atención personalizada ás vítimas de violencia de xénero.

A asesoría xurídica, pola súa banda, está destinada á información xeral sobre os dereitos das mulleres: civil (separacións, divorcios...), penal (agresións, acoso...), laboral (maternidade, redución de xornada...); e á tramitación e solicitude de xustiza gratuíta, entre outros aspectos.

Confinamento libre de violencias

No momento do confinamento provocado pola crise sanitaria da Covid-19, en marzo de 2020, dende o CIM e a área de Igualdade municipal traballouse nunha campaña de sensibilización para un confinamento libre de violencia de xénero. Tes máis información sobre a campaña premendo aquí

Dentro desta campaña editouse unha guía de recursos que podes consultar aquí.

A campaña naceu baixo os lemas Teo coida e Teo arroupa que son os cancelos cos que a podes atopar nas redes #Teocoida #Teoarrooupa. Podes ver tamén dous vídeos premendo aquí e aquí

 
Horario

  • Atención ó público: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.
  • Atención psicolóxica: todos os días.
  • Atención xurídica: martes e mércores.