Servizo de deportes

deportes

Servizo de deportes

Travesía da Ramallosa 38, Lucí

deportes@teo.gal

981815700

Lucí

O servizo de deportes do Concello xestiona as seguintes actividades: 

  • Actividades deportivas para persoas adultas e para nenos/as co obxectivo de fomentar a práctica deportiva como un hábito de vida saudable en todas as franxas de idades.​​​​​​​
  1. Nas escolas deportivas para nenos e nenas hai unha ampla e variada oferta: baloncesto, billar, defensa persoal, hóckey, judo, karate, kickboxing, natación, pádel, patinaxe artística, rugby e fútbol americano, skate, taekwondo, tenis, tiro con arco e xadrez.
  2. As actividades para persoas adultas son: aeróbic, ximnasia, billar, defensa persoal, kickboxing, taichi, tenis e tiro con arco.

A duración é durante todo o curso escolar (mantendo os períodos vacacionais de Educación). A inscrición en todas estas actividades deportivas lévase a cabo na primeira quincena de setembro e o custo é de 60 euros anuais (podéndose fraccionar en tres pagos).

  • Actividades de verán: calistenia, rafting, caiac, street football, natación...
  • Instalacións deportivas que hai no territorio municipal: campos de fútbol, pavillóns polideportivos, pistas polideportivas descubertas...
  • Liga de fútbol sala e torneo intermunicipal de fútbol sala.
  • Xestiona e colabora con actividades puntuais: carreira pedestre Batalla de Cacheiras, torneo de tiro con arco, rutas de sendeirismo, campañas deportivas doutros organismos (Deputación da Coruña e Xunta de Galicia) e outros campionatos organizados polas entidades deportivas locais.
  • Censo municipal de entidades deportivas.
  • Subvencións a entidades deportivas e deportistas federados.

 

A Deputación da Coruña subvenciona a praza de técnica deportiva municipal.

logo