Aula de Informática

Aula informática

Aula de Informática

Auditorio Constante Liste. Rúa da Lagoa 2. Lucí. Teo.

auladeinformatica@teo.gal

981 815 700 (ext 216) ou 689 386 303

Lucí

O Concello de Teo conta cunha Aula de informática na planta baixa do Auditorio Constante Liste. Con este equipamento preténdese facilitar o acceso da veciñanza do Concello ás novas tecnoloxías e promover a sociedade da información e do coñecemento.

Dende a Aula de Informática do Concello de Teo preténdese achegar as novas tecnoloxías da información a toda a veciñanza do Concello, posibilitando o acceso aos novos instrumentos da comunicación, aos procesos de formación, ás administracións, ao universo da cultura e do ocio, fomentando a igualdade de oportunidades, xa que hoxe en día o mundo das "tecnoloxías informáticas" considérase imprescindible. E debido a isto, o obxectivo principal dende a Aula de Informática é facer de Internet algo próximo a toda a cidadanía.

A aula  de Informática conta nestes momentos con doce ordenadores persoais (once para os usuarios e usuarias e un para o persoal da Aula) dotados cos programas informáticas básicos. Tamén dispón de cascos para os ordenadores e lectores de tarxeta; outro material da Aula son unha impresora laser e unha multifunción na que se poden imprimir e escanear todo tipo de documentos co visto e prace do persoal da aula.

Actividades

Na Aula de Informática do Concello, durante todo o ano realizanse cursos e actividades relacionadas coas Novas Tecnoloxías. Algunhas das actividades máis recorrentes ao longo destes anos son:

*Aula Aberta a Internet (consistente no acceso a Internet de forma gratuíta para todos/as os/as habitantes do Concello en horario libre de actividades).

*Cursos desenvolvidos en varias edicións e quendas, cun custo xeral de 20 €,  como son o Curso de Introdución á Informática para nenos de 5 a 10 anos  o Curso de introdución á informática para maiores de 16 anos, Curso de introdución ao programa informático Word, Curso de introdución ao programa informático Excel, Curso de PowerPoint ou Curso de iniciación a Internet.

*Tamén nos atopamos con diferentes obradoiros de balde como poden ser as Xornadas de iniciación ao correo electrónico, Xornadas de busca de emprego, Xornadas gastronómicas en Internet, Xornadas de seguridade en Internet, Obradoiro de mecanografía, Compras on-line, Álbum de fotos dixitais, Xornadas para exercitar a memoria en Internet, You Tube, ou o obradoiro de Google e as súas aplicacións, entre outras moitas.

Horario

O horario de funcionamento da aula é o seguinte:

Os luns de 08:40 h. a 13:20 h. e de 16:00 h. a 20:00 h.

De martes a venres de 08:40 h a 15:00 h.