O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Aberta a inscrición para a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras

| compartir:

O 6 de maio Teo volve a celbrar a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras cun percorrido que lembra os acontecementos históricos da Batalla de Cacheiras. Deste xeito a carreira absoluta terá un percorrido de 9 quilómetros dende a reitoral de Bamonde ata o alto de Montouto, na Pena Escorredía.

As inscricións, tanto nas probas para escolares coma na proba absoluta, faranse a través da web www.emesports.es ata o martes 3 de maio ás 23:59 horas e xa están abertas. Podes inscribirte premendo aquí

Esta proba deportiva recupera a tradición de conmemorar a Batalla de Cacherias, acontecidos o 23 de abril de 1846. O percorrido da proba absoluta vai polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzou para enfrontarse ao exércitos sublevado do xeneral Solís. A saída farase dende a Reitoral de Bamonde ás 17:30 e a meta será no alto de Montouto, na Pena Escorredía.

Probas escolares

As probas escolares celebraranse en horario de mañá e serán no lugar da Torre, no espazo do parque enriba da autovía. As probas das crianzas comezarán ás 10:30 e rematarán sobre as 12:30. A continuación farase a entrega de premios. 

Os escolares competirán nas seguintes categorías: 

  • Participantes con acompañante (proba non competitiva). 150 m. 10:30 h. 
  • Sub 6. (proba non competitiva). 150 m. 10:40 h. 
  • Sub. Prebenxamín. 300 m. (dúas voltas ao circuito vermello). 10:45 h. 
  • Sub 8. Prebenxamín. 300 m. (dúas voltas ao circuito vermello). 11:00 h.
  • Sub 10 Benxamín. 1.100 m. (1 volta ao circuíto amarelo). 11:15 h. 
  • Sub 12 Alevín. 1.100 m. (1 volta ao circuíto amarelo). 11:30 h. 
  • Sub 14. Infantil. 1.400 m. (1 volta ao circuíto verde). 11:45 h.
  • Sub 16. Cadete- Sub 18. Xuvenil. 2.800 m. (2 voltas ao circuíto verde). 12:05 h.   

Podes consutlar o regulamento da proba e o resto de información de interese premendo aquí 

carreira