O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícase a data para o levantamento de actas de ocupación polo novo tramo da autovía da Ramallosa

| compartir:

A Axencia Galega de Infraestruras publica no BOP número 84 do 4 de maio o anuncio polo que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e para a formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do primeiro treito da actualización do proxecto de construción: autovía AG-59 A Ramallosa-enlace PO-841.Treito:A Ramallosa enlace AC-241,GA/18/104.01.1,Teo.

Con data de 7 de decembro de 2022 a Xunta de Galicia aprobou o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas do trazado da actualización do proxecto de construción: autovía AG-59 A Ramallosa-enlace PO841 e, definitivamente, o proxecto de construción: autovía AG-59 A Ramallosa-enlace PO-841. Treito: A Ramallosa-enlace AC-241, de clave GA/18/104.01.1, no concello de Teo, publicado no Diario Oficial de Galicia de data 3 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 2).

A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, se é o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

O proxecto así como a relación de titulares afectados pódese consultar premendo aquí

A Consellería de Infraestruturas resolve convocar aos titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Teo, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

  • Termo municipal de Teo.
  • Lugar: Salón de plenos do Concello de Teo.
  • Data: 22, 23, 24, 25 e 26 de maio de 2023, das 10:00 ás 13:00 horas.

A relación de titulares cos bens afectados pódese consultar na seguinte ligazón premendo aquí

Consulta o anuncio completo publicado no BOP premendo aquí

autovia