Ábrese un prazo, ata o 24 de xaneiro, para emendar as solicitudes das bolsas de ensino
10-01-2023O departamento de Educación vén de publicar a listaxe de solicitudes das bolsas de ensino e transporte que deben emendar documentación. O prazo para facelo está aberto dende o 11 ao 24 de xaneiro de 2023. As persoas que non acheguen a documentación solicitada en prazo perderán o dereito á axuda.
A lista das solicitudes que deben corrixir ou achegar algún documento pódese consultar premendo aquí