O Concello rematará os traballos de mellora na Casalonga en Nadal
01-12-2022O Concello de Teo ten previsto rematar os traballos de mellora na escola da Casalonga nas vindeiras semanas. Durante o verán realizouse un reforzo estrutural neste edificio.
Xunto con esta obra principal fíxose tamén o pintado das aulas inferiores, dos baños e do espazo das escaleiras así como o cambio das luminarias e novos puntos de encendido. En canto á carpintería colocouse un pasamáns e o zócalo na planta baixa. O custo destas obra, reforzo, pintura, electricidade e carpintería achégase aos 40.000 euros.