O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da aprobación inicial do Plan Parcial do SUND 12 do Concello de Teo

| compartir:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da aprobación inicial do Plan Parcial do SUND 12 do Concello de Teo, sometendo así a exposición pública o dito proxecto do parque industrial e comercial situado na zona da Ramallosa.

Desta forma, coa publicación deste anuncio ábrese un prazo de dous meses -contados a partir de mañá- para que se poidan presentar alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública. 

Este plan parcial foi promovido e impulsado nos últimos meses polo actual equipo de Goberno co fin de avanzar na súa execución. Ademais, a partir de agora tamén se suspenden -por un período de dous anos- o outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolicion no ámbito do citado plan parcial. 

Unha vez concluída a fase de exposición pública e recibidos os informes sectoriais, será necesario valorar as alegacións que puideran presentarse antes de someter o plan ao ditame de aprobación definitiva.

Datos do futuro polígono

Este proxecto plantea o desenvolvemento urbanístico de máis de 15 hectáreas de terreo -industrial e terciario- na Ramallosa, aos dous lados da estrada autonómica AC-841, para a construcción dun polígono cun diseño de escaparate cara a estrada. Ademais, inclúese a reserva de solo para dispoñer dun aparcamento de 144 prazas próximo ás paradas de autobús e 2,85 hectáreas de zona verde. 

Con todo, prevese expropiar 115.309 metros cadrados, unha superficie que no iinicio do expediente estaba dividida en 43 parcelas pertencentes a unha trintena de propietarios. A notificación a estas persoas fíxose a través da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado. 

foto

Arquivos descargables