O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Nova entrega de diplomas do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil

| compartir:

O concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, fixo entrega dos diplomas acreditativos dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil. Tamén estivo presente a alfabetizadora dixital do Concello, encargada de impartir o curso, Silvia Casas.

Nesta edición participaron veciños e veciñas das parroquias da Torre e de Cacheiras, cunha formación de 21 horas. Estes cursos son moi demandados pola veciñanza xa que aprenden coñecementos informáticos básicos para poder manexar o ordenador e o teléfono móbil. De feito, na medida en que finaliza un curso proxéctase unha nova edición, dado o gran éxito desta formación entre os usuarios.

Neste senso, cómpre recordar que a inscrición está aberta de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.


 

foto