Teo acolle o programa da USC para maiores de 50 anos en maio
24-04-2022Teo volve a acoller o programa Camiños de coñecemento e experiencia da USC. Trátase dunha iniciativa de divulgación da Universidade de Santiago dirixido a persoas maiores de 50 anos e para asistir non é preciso ter unha formación específica propia. O Concello colabora dende hai anos con esta actividade que achega o coñecemento aos Concello da contorna de Compostela coa intención de potenciar e difundir o coñecmento científico e artístico.