O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

En licitación o contrato para o servizo de asesoramento xurídico, defensa xurídica e representación procesual do Concello

| compartir:

O Concello licita o contrato que abarca o servizo de asesoramento xurídico, defensa xurídica e representación procesual do Concello, nas diferentes materias e procedementos. 

Entre a prestación dos servizos e actividades figuran a defensa xudicial do Concello, é dicir, a asistencia letrada ao Concello nos procesos que se sigan en calquera instancia e vía xurisdicional. 

Así mesmo, inclúese a asesoría xurídica permanente en materia civil, penal, contencioso-administrativa, mercantil, laboral e fiscal; así como o asesoramento especializado en materia de contratación. 

Por último, tamén figura a representación do Concello nos casos nos que non sexa preceptiva a intervención de procurador e a emisión de informes xurídicos, incluídos informes urbanísticos. 

Este contrato terá unha duración de 3 anos con posibilidade de prórroga doutra anualidade ata un total de 4 anos. 

O orzamento base de licitación, con IVE icluído, ascende a un total de 145.200 euros para a duración do contrato (3 anos), incrementándose ata os 160.000 euros incluíndo xa o ano prorrogable.

O prazo de presentación de proposicións é de 15 días contados desde o día seguinte á publicación no perfil da Plataforma de Contratación do Sector Público. 

foto