Xa se poden presentar as solicitudes para as Cacharelas de San Xoán
02-06-2022Dende o 1 ao 21 de xuño xa se poden presentar no concello as solicitudes para a realización das cacharelas de San Xoán. Tradicionalmente en Teo celébranse numerosas fogueiras nesas datas e este ano, xa sen restricións pola pandemia e en véspera de festivo autonómico, prevese unha cantidade importante de solicitudes.
Os impresos pódense entregar no Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica entre o 1 e o 21 de xuño de 2022.