Reúnese a Xunta de portavoces para falar da ameaza dun parque eólico no Monte Piquiño

02-09-2021

O alcalde, Rafael Sisto, convocou onte a Xunta de portavoces, na que teñen presenza todas as forzas políticas de Teo con representación no pleno para falar da  tramitación dun parque eólico no entorno do Monte Piquiño. Nos últimos días o rexedor atendeu unha solicitude de reunión dunha empresa, Capital Energy, que o informou de que estaban tramitando a instalación de aeroxeneradores nesta zona. 


O CIM programa unha actividade con cans para o fomento da autoestima nas mulleres

31-08-2021

O Centro de Información á Muller (CIM) programa para este mes de setembro un taller asistido con cans para o fomento da autoestima nas mulleres do Concello de Teo. Unha iniciativa novidosa que dentro dos obxectivos que pretende acadar están o de promover o respecto, coidado e manexo dos animais, así como fomentar a autoestima e o apoderamento das mulleres.


Preséntase a oferta das escolas culturais para este curso

30-08-2021

A oferta de actividades culturais para o curso 2021-2022 xa está dispoñible para a súa consulta. O prazo de inscrición comezará o 6 de setembro e estenderase ata o vindeiro 17 do mesmo mes. O número de prazas para cada escola variará en función das normas sanitarias que estean en vigor no momento de comezar as actividades.

A programación das escolas será en varios locais municipais como o Auditorio, o pavillón de Calo, a Casa Común dos Tilos e as escolas de Ameneiro e Tras do Eixo.