O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Calvo de la Uz pon en valor o traballo, esforzo, constancia e gañas de superación dos deportistas e clubs premiados na II Gala do Deporte Teense

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, presidiu esta tarde a II Gala do Deporte, onde puxo en valor o traballo, esforzo, constancia e gañas de superación dos cinco premiados nesta edición. Unha cita que contou coa presencia do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; e outras autoridades. 

O auditorio municipal da Ramallosa acolleu esta tarde a II Gala do Deporte Teense, onde se reuniron máis de 150 personas vinculadas ao mundo do deporte local. Houbo representación de numerosas disciplinas, poñéndoas en valor e visibilizándoas para dar a coñecer todo seu potencial. 

Durante a súa intervención, a alcaldesa salientou que o deporte é fundamental e vital na vida, saudable e enriquecedor, por iso “quero deixar claro que o compromiso deste Equipo de Goberno co deporte é firme, moi firme”. Mostra diso, destacou, son as infraestruturas deportivas arranxadas nestes dous últimos anos polo Executivo local, quen trata de atender ás necesidades máis importantes. 

Nesta segunda edición, os galardoados foron o referente no billar teense, Álvaro Lama-Pereira Lage; o equipo sénior feminino do Club Galogrín de baloncesto; o club de aeromodelismo Estela; o xornalista deportivo, Terio Carrera, e o veciño Manuel Lueiro, pola súa forte vinculación á SD Cacheiras.

FOTO