O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello organiza unha saída cultural e gastronómica a Lalín

| compartir:

O Concello organiza para o vindeiro sábado, 21 de marzo, unha saída cultural e gastronómica a Lalín, coincidindo coa festa do Cocido, declarada de Interés Turístico Internacional e converténdose nun dos eventos gastronómicos invernal máis importante de Galicia. 

A saída está prevista para as 10.45 horas da mañá desde a Casa do Concello. A primeira parada será no Santuario do Corpiño, onde os asistentes poderán acudir á misa das 12.00 horas. Seguidamente, sobre as 13.00 horas, coñecerán as instalacións do Pazo de Anzuxao e poderán degustar unha cata de queixos que elaboran alí de maneira artesanal. 

A comida está prevista para as 14.15 horas en Casa Pablo, onde os veciños e veciñas poderán desfrutar dun cocido completo. Despois de xantar, sobre as 17.00 horas, hai programada unha visita -en dúas tandas- ao Museo Municipal e o casco urbano da vila. 

O prezo por esta actividade é de 40 euros por persoa e poderán participar os maiores de 60 anos que estean censados no concelo de Teo, con preferencia para a xente xubilada. O prazo para anotarse á excursión vai do 23 de febreiro ao 6 de marzo, no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 809 707.

 


 



 



 

 

cartel