O Concello reitera que só negociará con Toysal se se garante o cumprimento da legalidade e está presente a Xunta

28-09-2022

Diante da noticia publicada nas redes sociais por Uxía Lemus, voceira do PSdG-PSOE de Teo, na que daba a coñecer que mantivera unha xuntanza con Víctor Toca, o dono de Toysal, interesedo en buscar unha saída negociada á situación na que se atopa a súa empresa, e a vontade do PSdG de arrastras a todas as forzas políticas nese obxectivo, o goberno municipal de Teo reitera que calquera negociación debe contar con todos os actores implicados, é dicir, tamén coa D.



Celébrase o pleno ordinario de setembro

26-09-2022

O mércores 28 de setembro celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión votarase a proposta de participación no POS+ Adicional 2022. 2ª fase, que recolle a mellora e senda no viario de Ínsua a Espasande (Luou) así como o afirmado da estrada en Tribaldes (Bamonde). 


O CIM organiza talleres para fomentar o autocoidado

23-09-2022

O Centro de Información á Muller (CIM) presenta este outono o programa Quererse ben, centrado en aportar ferramentas de autocoidado ás mulleres. Serán dous obradoiros sobre unha mesma temática cada mes dende outubro ata febreiro e están dirixidos a todas as mulleres que queren atenderse máis e mellor, que buscan un tempo e un espazo para elas. Ademais farano en comunidade, o que sempre resulta enriquecedor. 



Volve Elas, andainas dirixidas a mulleres

12-09-2022

O Centro de Información á Muller (CIM) presenta as andainas para mulleres, Elas, que nesta tempada serán dous sábados ao mes. O pasado mes de maio puxéronse en marcha roteiros dirixidos a mulleres maiores de idade, daquela durante a semana. Agora serán dúas andainas ao mes, de outubro a maio, o primeiro e o terceiro sábado de cada mes. O percorrido irá cambiando por distintos lugares do Concello e será accesible cunha duración de dúas horas.


O Concello vende 20 parcelas edificables

09-09-2022

O Concello venderá nas vindeiras semanas 20 parcelas, todas edificables. Están situadas a maioría en Cacheiras, na zona de Augas Mansas, aínda que tamén hai dúas na zona dos Verxeis, unha na Torre e outra en Cornide. A venda farase mediante poxa e a licitación farase pública a finais de setembro. 

A previsión é que o anuncio desta licitación, que abrirá o prazo para que as persoas interesadas poidan poxar por algunha das propiedades, saia nos últimos días de setembro.



Volve o concurso cabalar a Teo!

06-09-2022

Teo recupera o concurso cabalar e celebrará este evento este próximo domingo 11 de setembro en Ribas, Oza. Será unha xornada de reivindicación do mundo do cabalo que organiza o Concello en colaboración coa asociación Amigos do cabalo de Teo co apoio de firmas comercias.

O cabalo é un elemento central en eventos culturais coma os xenerais da Ulla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e na feira cabalar do San Martiño para a que o Concello tamén reclama esta declaración.