O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CEIP Plurilingüe A Igrexa-Calo contará cun ascensor

| compartir:

A Xunta de Galicia licitou un novo paquete de 22 obras en centros educativos por máis de 5 M€, entre elas, a instalación dun ascensor no CEIP Plurilingüe A Igrexa-Calo por importe de 68.751,10 euros. Desta forma, dáse resposta a unha petición expresa da Alcaldía que tivo en conta as demandas do centro e da Anpa. 

A colocación deste ascensor permitirá mellorar a accesibilidade, sendo fundamental para garantir unha educación inclusiva e equitativa. A súa instalación eliminará as barreiras arquitectónicas presentes ao ser un centro de varias plantas, permitindo o acceso independente a estudantes, profesores ou familiares con mobilidade reducida temporal ou permanente. 

Unha mellora que se suma á rehabilitación integral que se proxectou neste centro, por importe de case un millón de euros. Os traballos realizados consistiron na substitución da cuberta existente, a renovación das ventás e o cambio das luminarias por luces LED de baixo consumo en todas as áreas do colexio e no patio cuberto.

Tamén se levou a cabo unha optimización de espazos, renovación dos canlóns e baixantes do edificio, instalación de falsos teitos con protección acústica nas aulas, despachos e distribuidores de acceso, a renovación dos mesados da cociña, a renovación do chan da escaleira principal con pavimento antiescorregadizo e a sinaléctica do centro.

 


 


 


 


 


 


 

FOTO

Máis novas