O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Nova excursión para os maiores ás comarcas do Barbanza e Noia

| compartir:

O Concello organiza para o vindeiro sábado, 20 de xuño, unha saída ás comarcas do Barbanza e Noia para as persoas maiores de 60 anos empadroadas en Teo, con preferencia para a xente xubilada. 

A saída está prevista para as 8:30 horas da mañá desde a Casa do Concello. A primeira parada será no faro de Corrubedo, en Ribeira, onde os asistentes poderán  observar a inmensidade do océano Atlántico e ata divisar as dunas do Parque Natural de Corrubedo. Seguidamente, sobre as 10.45 horas, visitarán o Museo Valle Inclán, na Pobra do Caramiñal, o cal está situado na torre de Bermúdez (século XVI), declarada Monumento Histórico-Artístico en 1976 e vinculada á familia de Valle-Inclán, xa que pertenceu ao seu avó e á súa avoa. Para rematar a xornada matutina, os asistentes farán unha breve parada no miradoiro da Curota, tamén na Pobra do Caramiñal, a 512 de altura, desde onde se observa unha das mellores panorámicas de Galicia. 

A comida está prevista para as 14.45 horas no restaurante O Trapeiro, en Noia. onde os veciños e veciñas poderán desfrutar dun menú conformado por empanada de millo de bacallau e zamburiñas e croquetas de xamón, e de segundo, a elixir entre merluza á galega ou xarrete; ademais da bebida, sobremesa e café. Despois de xantar, sobre as 17.00 horas, poderase desfrutar dunha visita libre pola vila de Noia. Ás 19.00 horas emprenderase o regreso a Teo, estando prevista a chegada á Ramallosa cara as 19.45 horas. 

O prezo por esta actividade é de 35 euros por persoa, o cal inclúe os traslados e o xantar. O prazo para anotarse á excursión vai do 8 ao 16 de xuño, no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 809 707.



 

cartel

Arquivos descargables

Attachment Size
PROGRAMA NOIA 2026.pdf 790.95 KB