Comeza a funcionar a inscrición en liña nas actividades municipais
31-01-2022Neste mes de febreiro comeza a funcionar a inscrición nas actividades organizadas polo Concello a través da páxina web municipal teo.gal. Trátase dalgo que comezou a funcionar na web de turismo e considérase moi operativo e áxil, tanto para a usuaria coma para o persoal municipal que xestiona as actividades.