O Concello acolle o programa da USC "Camiños de coñecemento e experiencia"

01-10-2018

A Biblioteca Pública do Grilo, en Cacheiras, acollerá en outubro catro clases do programa ‘Camiños de coñecemento e experiencia’, da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa ofrece formación para persoas maiores de 50 anos.

A primeira clase será o 4 de outubro e versará sobre o papel da familia na educación, o 11 de outubro desenvolverase un obradoiro de estilos educativos parentais e o 18 de outubro a clase levará por título Invitación a un concerto (teoría)



Comeza o obradoiro de emprego Habilits con 9 alumnos/as

28-09-2018

Esta mañá comezou o Obradoiro de Emprego de Garantía xuvenil Habilits que o Concello de Teo promove xunto co de Santiago. A través deste obradoiro 9 mozos e mozas do Concello de Teo formaranse no Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web durante 6 meses, tempo no que contarán cun contrato laboral. Durante esta acción formativa van desenvolver unha aplicación de xestión de información de interese municipal, que se instalará en varios puntos de información repartidos polo Concello.



O pleno votará o regulamento do espazo de traballo colaborativo de Solláns

25-09-2018

A corporación teense reúnese este mércores 26 de setembro na sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.



O Concello amósase moderadamente satisfeito polo arquivo do expediente de Toysal

20-09-2018

O Concello de Teo amosa a súa moderada satisfacción polo anuncio da Xunta de Galicia, a través dunha nota de prensa, do arquivo do expediente da planta de residuos que Toysal pretendía instalar na Casalonga. O 4 de setembro remitíase dende o Concello o informe de incompatibilidade urbanístico e solicitábase o arquivo do procecemento ambiental integrado que a empresa tramita na Consellería de Medio Ambiente. 


Teo asina con Ames o convenio para regular a participación de cada concello nos custos da xestión da EDAR de Calo

20-09-2018

Este mércores, 19 de setembro, os alcaldes de Teo, Rafael Sisto, e de Ames, José Miñones, asinaron o convenio de colaboración para regular a porcentaxe de participación de cada concello nos custes de xestión da EDAR Calo-Milladoiro. O convenio foi ratificado previamente no pleno de cada Concello.


Teo participa nas II Xornadas Formativas do Programa Cidades Amigas da Infancia de Unicef en Galicia

19-09-2018

O Concello de Teo participou esta mañá na segunda edición das Xornadas Formativas do Programa Cidades Amigas da Infancia de Unicef en Galicia. Esta inciiativa busca seguir fomentando a participación infantil, no marco da promoción dos dereitos dos nenos. O título da xornada foi Estratexias e novas metodoloxías para promover a Participacióin Infantil e Adolescente no ámbito municipal, para ofertar un espazo para seguir profundizando no coñecemento do Programa.