O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O mércores 4 de xuño ábrese o prazo para comunicar as cacharelas de San Xoán

| compartir:

Dende o mércores 4 ao venres 20 de xuño (ambos incluidos) poderanse presentar no concello as solicitudes para a realización das cacharelas de San Xoán. Os impresos pódense entregar no Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica.

A solicitude deberá cubrirse cos datos persoias e indicar o lugar de realización da cacharela. Para a realización destas fogueiras, cómpre ter en conta unha serie de normas de obrigado cumprimento:

1ª) A persoa solicitante será responsable do cumprimento das presentes normas.

2ª) O volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura. 

3ª) A separación entre as fogueiras e os edificios e árbores será como mínimo de 12 metros

4ª) Terase especial coidado de non situar as fogueiras baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.

5ª) Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, etc, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.

6ª) En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.

7ª) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público de lousa, as persoas organizadoras encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de, cando menos, 10 cms.

8ª) Ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar da mesma, as persoas responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e comprométense a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas.

foto

Arquivos descargables

Attachment Size
CACHARELAS_instancia_0.pdf 86.53 KB