O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia a Feira Cabalar do San Martiño de Francos

| compartir:

O Consello da Xunta aprobou onte a declaración de catro festas de interese turístico de Galicia, entre as cales figura a Feira Cabalar do San Martiño de Francos. Na declaración deste evento valorouse a creatividade e innovación da súa celebración; o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos, e o adecuado coidado do contorno ou a afluencia de visitantes, entre outros. 

En abril, o Consello de Turismo -órgano de asesoramento na materia- xa informara favorablemente sobre esta celebración. Unha vez aprobada no Consello da Xunta, a declaración desta festa deberá saír publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nas vindeiras semanas. 

A Feira Cabalar de San Martiño de Francos, en Teo, celébrase cada 11 de novembro. A súa orixe remóntase ao ano 1557, o que dá conta da súa capacidade de supervivencia ao longo do tempo. Especializada en gando equino, hoxe en día é unha das citas principais neste sector, con compravenda de cabalos, maquinaria agrícola, artesanía, téxtiles e complementos relacionados coa práctica equina e os produtos da terra de outono. A feira desenvólvese nunha carballeira de gran riqueza, situada no Camiño Portugués. 

O Concello gábase desta declaración, coa que se pretende incrementar e mellorar a calidade da oferta cultural, lúdica e turística, ademais de protexer e conservar o patrimonio material e inmaterial do territorio, tanto o emblemático espazo físico onde se celebra esta festa dende hai máis de catro séculos -a Carballeira de Francos no Camiño de Santiago-, como o apego da propia veciñanza da bisbarra, afondando asemade no valor dunha memoria oral colectiva onde a feira exerce un protagonismo único. Trátase pois do evento socio-cultural e económico máis importante do concello de Teo.

foto