O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, entregou esta mañá os diplomas dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil.
Así, dase por rematada a dita formación, a cal beneficiou un total de nove veciños e veciñas de Teo, maioritariamente da zona de Francos e Casalonga. O curso durou un total de 20 horas, onde os maiores puideron adquirir coñecementos básicos de informática e manexarse co ordenador e co teléfono móbil.
Esta formación, levada a cabo polo Departamento de Administración Electónica e Apoio Dixital, está pensada para persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello. A inscrición, tanto do curso básico como do de perfeccionamento, está sempre aberta, polo que as persoas interesadas en anotarse poden pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.