O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Pleno do Concello de Teo aproba unha modificación de crédito para gastos de inversión e amortización de débeda de préstamos, logo de conseguir un remanente positivo de máis de 3,2 millóns de euros tras rematar a liquidación do ano 2024.
Concretamente, o Concello destinará un total de 131.250 euros para reducir a débeda de préstamos concertados polo anterior equipo de goberno e 1,7 millóns de euros que irán destinados a obras en infraestruturas e asfaltados de vías municipais, co fin de seguir mellorando a calidade de vida da veciñanza teense.
Así o destacou esta tarde a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, quen ademais sinalou que este remanente positivo é froito da contención do gasto e da racionalización dos recursos, sen deixar de investir no benestar dos veciños e veciñas. Así mesmo, Calvo de la Uz tamén destacou que neste resultado positivo tamén foron importantes a racionalización do gasto e unha correcta xestión, a participación de tributos do Estado que lle corresponde a Teo e a depuración de resultas.
Modificación das previsións de ingresos
Outro dos puntos tratados neste Pleno de maio foi a aprobación da modificación do orzamento das previsións de ingresos. Neste senso, a rexedora municipal explicou que no orzamento de 2025 estaban consignados 920.000 euros como operacións de préstamos para obras e inversións. Co remanente positivo, as obras e inversións faranse con recursos propios, o que conleva que neste ano 2025 o Concello non teña que acudir a préstamos, evitando así xuros. Desta forma, salientou Lucía Calvo de la Uz, poderanse financiar con fondos municipais obras tan necesarias como a segunda fase do alcantarillado do Ferreiriño ou varios asfaltados, moi necesarios, ao longo das 13 parroquias que conforman o municipio de Teo, tanto nas zonas urbanas como nas rurais.