O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Campus de Verán do RC Celta volverá a Teo no mes de xullo

| compartir:

Xa podedes anotarvos no Campus de Verán Celta Academy 2025, que se levará a cabo no Campo Municipal da Cañoteira, en Cacheiras, na semana do 21 ao 25 de xullo. Está organizado pola Fundación Celta en colaboración co Concello de Teo.

Esta oferta formativa está pensada para a rapazada de entre 5 e 16 anos. Durante toda a semana contarán con adestramentos afíns á metodoloxía do club vigués, así como a posibilidade de recibir o Premio Afouteza, que consiste nun adestramento coa canteira celeste da categoría correspondente. Ademais, os nenos e nenas que participen recibirán a roupaxe de adestramento e a merenda diaria. O obxectivo final é formar aos máis pequenos desde unha perspectiva amena e divertida, xa que tamén haberá espazo para opcións recreativas. 

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, mantivo esta mañá unha xuntanza con membros da Fundación do club vigués, para coñecer de primeira man a oferta do club para a cativada. Na reunión, a rexedora agradeceu que se volvera a apostar por Teo para levar a cabo esta formación, que achega grandes valores á rapazada e forma aos xogadores en técnica e coñecementos varios. 

Máis info en https://shop.rccelta.es/es/formacion/campus.html

 

cartel