O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Ata o vindeiro 24 de maio, as persoas empadroadas en Teo poderán achegarse ata a nave de Protección Civíl (en Lucí) e solicitar o líquido atraínte para o trampeo contra a vespa velutina. Lembrade que o horario será de 10.00 a 13.00 horas e que debedes levar unha botella ou recipiente para recoller o dito líquido.
Neste senso, é fundamental intensificar o trampeo para previr e controlar a presenza de vespa velutina, xa que deste xeito se capturan as raíñas e evitamos que constrúan niños. Estas trampas caseiras súmanse á campaña levada cabo pola Xunta de Galicia, que aquí en Teo colocou un total de 213 trampas en puntos estratéxicos.
No tocante o número de avisos por estes niños, cabe sinalar que nos últimos tempos foron menos os avisos recollidos pola central. De feito, no ano 2023 foron un total de 506 os avisos de niños notificados en Teo, mentres que en 2024 descenderon a 304 avisos.
Calquera persoa que detecte un niño destas vespas pode comunicalo chamando ao teléfono 012, onde o persoal adscrito ao Programa de Vixilancia e control da Vespa Velutina en Galicia realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño o antes posible. Tamén se puxo en marcha un chatbot que está a disposición dos cidadáns as 24 horas do día os 365 días do ano, ao que poden acceder desde a páxina web www.xunta.gal/servizo-del-012 .